Galicia por Diante Fin de Semana
Antón Fraguela: "Atopamos que o efecto do confinamento en nenos e familias varía segundo o tamaño e lugar da vivenda"
Xosé Antón Gómez Fraguela é profesor de Psicoloxía no departamento de Psicoloxía Clínica e Psicobioloxía na USC e membro do grupo Underisk. Leva a cabo xunto ao seu equipo dende hai tempo dun estudio sobre condutas infantís.
"Levamos máis de quince anos analizando problemas de conduta de nenos pequenos. Estabamos centrados en adolescentes, pero quixemos tamén atender eses nenos de menos idade que comezan a ter algún tipo de problema na súa conduta".
Ao abeiro deste estudo, o proxecto Elisa, aproveitaron para saber cómo está afectando o confinamento a familias e nenos.
"Na primeira semana de abril enviamos as enquisas e temos xa bastantes datos. Para sacar conclusións é moi cedo, pero detectamos que a influencia varía segundo as características da vivenda, se é máis grande ou máis pequena, se é casa ou piso. Hai maior nivel de estrés en espazos reducidos".