CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Cristina Mariño, nova directora da marca Roberto Verino: "É o momento de dar un paso adiante"

25/09/2021 - 11:04 h

Herdeira da tradición familiar no sector téxtil, Cristina Mariño, filla do deseñador Roberto Mariño, coñecido como Roberto Verino toma as rendas da veterana marca que cumprirá 40 anos en 2022. 

Asegura Cristina, licenciada en dereito, que é o momento de dar un paso adiante e facerse visible, malia levar  25 anos traballando na marca, e pasar polos distintos departamentos da firma, coñecendo o oficio dese a base, incluído a venda  ó público.