CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O mellor graffiti do mundo está en Galicia, pintado por un lucense

25/09/2021 - 11:31 h

Un enorme debuxo da cara de Xulio César, ocupa unha fachada da ronda da muralla en Lugo. Destaca pola súa enorme profundidade, que Diego Anido, Diego As, lle deu á obra.

Diego empezou de grafiteiro e xa é un muralista de prestixio internacional.

Os novos sprays permiten que haxa un variedade enorme de cores, ademais de distintas densidades para que o artista poida dar os matices necesarios.

As pinturas secan moi rapidamente, apenas en dous minutos, e compre, que antes de pintar, a parede reciba unha capa de imprimación, para fixar mellor a pintura dos sprays.