CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Inés Mato: "O 91% das nosas praias, tanto marítimas como continentais, acadou a cualificación de excelente"

25/04/2021 - 10:29 h

No 'Galicia por diante fin de semana', Isabel Freire falou da calidade das augas de baño en Galicia con Inés Mato, subdirectora xeral de Programas de Control de Riscos ambientais para a Saúde da Consellería de Sanidade.

"O 91% das nosas praias, tanto marítimas como continentais, acadou a cualificación de excelente", salienta.

Cada tempada de verán realízanse nas zonas de baño en Galicia 10 controis da calidade da auga; con eses resultados e os das tres tempadas anteriores elabórase un censo de praias aptas para o baño que se envía á Unión Europea. Para este verán hai 15 praias onde está prohibido bañarse porque están contaminadas. Outras solucionaron os problemas que causaban a prohibición e nese caso pasan unha avaliación antes de darlles a cualificación de aptas. Na actualidade están nesa situación 18 zonas de baño, tanto costeiras como fluviais.

"Se aparece unha contaminación notifícase ao Concello para que prohiba o baño. Ás veces isto sucede dunha maneira puntual por unha cuestión ambiental como é o caso das treboadas de onte. Entón repítese a análise e se continúa resultando "insuficiente" para o baño, infórmase o público da prohibición."

Para maior seguridade pódese consultar a listaxe na páxina web da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade.