CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'De viaxe' por Marrocos con Susana Seivane

24/04/2021 - 10:29 h

A gaiteira lembrou, no espazo que presenta Isabel Freire no 'Galicia por diante fin de semana', o percorrido que fixo por Marrocos por mor do convite do Instituto Cervantes para actuar en Rabat, Marrakech, Casabranca, Tetuán e Fez no ano 2011.

"Unha xente marabillosa, un público receptivo, ata cantaron algo en galego...", recorda.

"Temos bastantes cousas en común, musicalmente tamén porque alí teñen como uns pandeiros moi parecidos á nosa pandeireta e mesmo unha especie de gaita, 'ghaita' chámanlle eles, cun sonido bastante semellante ao noso, pero non ten fol", asegura Seivane.

Susana garda un recordo especial de Fez: "A verdade é que foses a onde foses todo era fotografable: A súa arquitectura, os hoteis, as rúas, unha simple porta, os picaportes, os azulexos, as alfombras...E logo a gastronomía, comemos moi ben..."

E sempre hai curiosidades que salientar: "Vimos unha cousa que nos fixo moita graza, unha moto moi vella e no canto da matrícula, levaba o escudo do Real Madrid".