Galicia por Diante Fin de Semana
De viaxe con Víctor Pablo Pérez á batuta
Víctor Pablo Pérez foi director da OSG durante 2 décadas e hoxe é director honorífico.
Agora no Nadal temos a oportunidade de gozar de concertos sinfónicos para tódolos públicos
Relata unha viaxe que fixo coa sua muller ás 2 principais cidades europeas no mundo da clásica, Bayreuth e Salzburgo. "Tiña a necesidade de coñecer onde nacera a música dos xenios Wagner e Mozart".
Wagner deseñou o espazo ideal para representar as súas obras. Entras ás 4 da tarde e saes despois da medianoite. No 1º descanso pides a cea que tomarás no seguinte descanso.
O Festival Mozart de Salzburgo é o festival de festivais e alí temos tocado a OSG. A cidade está moi pensada para o turista. "Respiramos, vemos, paseamos e gozamos da música por todos os recunchos".