CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A Residencia Campolongo recibe xa 18.000 cartas

24/12/2022 - 09:02 h

A vida volveu entrar pola porta de Campolongo. "Estamos vivos, non somos mobiliario urbano".

A residencia de Pontevedra recibe xa 18.000 cartas e segue subindo a recepción de correspondencia procedente de todo o mundo.

"Non está todo perdido", confesa emocionado o director do centro, Juan José López

Temos na entrada unha das favoritas. A remitente é unha nena de 8 anos: "Meu avó dime sempre que o máis importante é a saúde e eu penso que o máis importante para min é meu avó".

Dolores Tirado, 84 anos: "Recibimos moito amor e a lectura das cartas é moi emocionante".

Virtudes García, 92 anos: "Hoxe virá o meu fillo buscarme para pasar a Noiteboa".

Juan José López escribiu unha carta para denunciar a soidade coa que se viven as datas de Nadal por alí e chegou un tsunami de amor. "Ver o sorriso das miñas mozas e mozos era a miña ilusión".