Galicia por Diante Fin de Semana
A outra pandemia: o virus da economía
O coronavirus acabou con miles de vidas en todo o país, preto de 87.000 persoas falecidas de case 5 millóns de casos positivos en covid-19 (datos a 24-10-2021), e deixou ademais ferida a economía. Unha ferida que aínda non acaba de pechar.
O virus atacou a nosa economía dun xeito máis sibilino. A perda de postos de traballo foi o primeiro síntoma, pero os danos foron máis profundos, nas estruturas, e agora é cando empezan a agromar.
A economía galega enfróntase ao reto de aproveitar os fondos europeos, os fondos 'new generation' para aproveitar unha ocasión única de xerar emprego, riqueza e futuro.