CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Analizamos con Xosé Manuel Rodríguez, presidente do Consello Regulador da Ribeira Sacra, a inclusión nunha prestixiosa revista de adegas que non pertencen á Denominación de Orixe

23/05/2020 - 17:25 h

Nos últimos días, a prestixiosa revista creada por Robert Parker, chamada a biblia dos caldos vinícolas, incluía algúns viños de adegas que non están reguladas pola D.O. da Ribeira Sacra.

Hai malestar no Consello Regulador. Falamos co seu presidente, Xosé Manuel Rodríguez: "Son adegas que están dentro do espazo xeográfico pero non pertencen á D.O. Non hai control e non pode garantirse o seu nome e  por lei non poden usar ese nome. Ribeira Sacra é unha denominación exclusiva, como marca a lei, para os viños que están dentro da Denominación de Orixe. O resto son viños de mesa. Non entramos a avaliar a calidade. Só a denominación".