CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Jose María Ordovás, presidente do grupo científico asesor do Ministerio de Ciencia: "Hai que ter cautela cos avances na procura dunha vacina. Haberá que seguir co distanciamento"

23/05/2020 - 13:11 h

José María Ordovás, presidente do grupo científico asesor do Ministerio de Ciencia, pensa que nestes momentos é preciso tomar con moita cautela os avances na procura de unha vacina para a enfermidade.

Dende Boston, Ordovás di que está convencido de que haberá que seguir co distanciamento, sobre todo en espazos pechados, e que é fundamental coidar a alimentación, sobre todo dos máis maiores, como medida de prevención.

Segundo nos explicou José María Ordovás, arestora estase traballando nun cento de proxectos, un deles español, de vacinas e que algunhas están máis avanzadas ca outras. Tamén di que probablemente non vaia haber unha soa vacina en todo o mundo, porque non hai unha empresa con laboratorios con capacidade para producilas.

O presidente do grupo de 16 científicos que asesoran o Ministerio de Ciencia defende á volta á normalidade dun xeito progresivo, porque parece que o virus vai seguir entre nós e non vai desaparecer.

Ordovás, que é un experto en alimentación, lembrou que un dos factores que incrementan a morbilidade e mortalidade do virus son enfermidades relacionadas coa alimentación, como a obesidade ou a diabetes. Por iso, defende que unha boa alimentación vai mellorar o sistema inmunitario e facernos máis sensibles a infeccións.