CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

José Luis Bonet, presidente das Cámaras de Comercio: "O Goberno non debe adoptar medidas que desanimen os empresarios"

23/05/2020 - 12:10 h

O presidente das Cámaras de Comercio, José Luis Bonet, conversou con Luis Ojea sobre a polémica derogación da reforma laboral. Bonet cré que o Goberno non debe adoptar medidas que desanimen ós empresarios e está convencido de que estos volverán á mesa do diálogo social.

"O Goberno cometeu un erro pactando a derogación total. ë un asunto que creo que agora non se debe tocar".

Bonet valorou tamén algunhas das medidas tomadas "Unhas son normais, e outras son improvisadas e crean inseguridade. No Goberno hai dúas alas, unha, con Nadia Calviño e Reyes Maroto, máis sensibles cos empresarios, e outra que non".

Iso si, o presidente das Cámaras de Comercio amósase convencido de que os empresarios volverán ás conversas co Goberno e cos sindicatos, e agarda que non haxa rescate europeo á economía española.