CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Jesús Vázquez Almuíña: "Agardamos que o Goberno nos responda ás propostas alternativas de mobilidade interprovincial"

23/05/2020 - 09:08 h

A Xunta agarda do Goberno que lle responda nas súas próximas horas ás súas peticións alternativas para flexibilizar mobilidade entre provincias. 

Nunha entrevista na Radio Galega, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, saudaba o cambio de fase este luns, coa entrada na fase 2 da desescalada pero aseguraba non entender por que de momento se lle rexeita a mobilidade entre provincias ó estar nunha igual situación epidémica.

Xesús Vázquez Almuiña revelaba que nas últimas horas lle pediro a Sanidade que se non deixa esa mobilidade total si permita varios casos como por exemplo: concellos liimítrofes de diferentes provincias que son ata 73 e 277 mil habitantes afectados, pernoctar en segunda residencia doutra rpvoincia ou visitar proxenitores ou avós noutras provincias. 

Vázquez Almuiña dicía que confía en que a resposta mesmo veña vía un BOE extraordinario nas próximas horas.