Galicia por Diante Fin de Semana
As herbas do camiño de Santiago curan
A través do camiño de Santiago chegaron moitas herbas medicinais, moitas delas de orixe Celta, que traían os peregrinos, e que se empregaban cando algún camiñante sufría algún contratempo ou sufría algunha doenza.
O Doutor Luís Prieto falounos desas herbas e "de outras herbas", como é o caso da árnica, que todos coñecemos, e que abunda moito en Galicia, pero é unha herba regulada e non se pode recoller, porque acabariamos con ela.
O resto das plantas, como os dentes de león, por exemplo, podemos collelas, pero cunha premisa doada de entender: Non podemos levarnos un saco de herbas á casa, trátase de coller o que necesitamos, e deixar existencias para o seguinte.