CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alfonso Villares, alcalde de Cervo: "Dóeme dicir que me parece outro engano", sobre a mensaxe das ministras

21/12/2019 - 08:33 h

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, cualifica de "engano" a carta das ministras en funcións de Transición Ecolóxica e de Industria á industria electrointensiva española na que lles trasladan o seu propósito de manter os custos da electricidade o ano que vén.  Nunha entrevista no Galicia por Diante, o popular Alfonso Villares aseguraba que a misiva de Teresa Ribera e Reyes Maroto "non deixa de ser unha mensaxe, unha mensaxe que nola leva dicindo todo este ano". O rexedor de Cervo insistía na idea ao afirmar "dóeme dicir que me parece outro engano, outro engano porque xa é un estatuto que tiña que estar aprobado en abril, así o dixo o propio Goberno e despois de abril que ía ser aprobado despois do verán, precisamente cando veu a ministra pola planta de San Cibrao" e logo engadir que "non é que non fora aprobado é que realmente non sabemos ninguén, nin a empresa nin ninguén nin o comité nin ninguén, o que di".

Villares considera que apenas queda marxe de actuación de cara a garantir o futuro de Alcoa en San Cibrao e arguméntano no feito de que "a empresa leva ano e medio en perdas" e "é moito tempo". "Vai ano e medio con perdas e que nestes momentos empezar o ano 2020 coa empresa con perdas pois pode darlles pé a tomar decisións que sexan irreparables", afirmou.