CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Unicef #PequenasSolucións: "Os nenos e nenas de Galicia teñen que participar nas institucións"

21/11/2020 - 11:26 h

Lucía Losoviz, responsable de politicas locais de Unicef, asegura que "o eixe principal dos consellos locais de partipación é que a cativada estea no centro do debate das institucións, que a súa voz sexa tomada en conta".

Pola súa parte, Adriana Sainz, do consello infantil de Castrelo de Miño afirma: "A participación dos nenos e nenas nas decisións familiares non sempre é doado, pero o feito de que nos animen a formar parte dos consellos locais, da mostra de que poñen a nosa participación en positivo".