CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

A escritora Berta Dávila lévanos de viaxe: "Ver nevar en Nova York é unha experiencia moi chula"

21/11/2020 - 10:24 h

Berta Dávila, poeta e novelista compostelá, levounos a Nova York, unha viaxe que realizou en xaneiro deste ano.

Dávila salienta que "ver nevar en Nova York e unha experiencia moi chula".

"Tiven unha sensación de deslumbramento por todo" contounos. O que máis lle interesou foi a visita ós museus e as librarías. "Atopei unha tenda de lápices, so de lápices, de todo o mundo". Tivo tempo de alonxarse de Manhattan e visitar Brooklin, Williamsburg e Coney Island onde constatou a desolación dun lugar fabricado para a fantasía co seu gran parque de atraccións, baleiro en inverno.