CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Andrés García-Carro: "Síntome un privilexiado e o único que pretendo é divertirme sen molestar"

21/11/2020 - 11:04 h

O Galicia por diante fin de semana coñecemos a historia sorprendente do coruñés Andrés García Carro. Aos 88 anos é reclamado para protagonizar as máis variadas campañas de publicidade. A última para o xigante téxtil Inditex.

García-Carro lembrou no programa unha das etapas máis felices da súa vida, a que viviu como agregado cultural na Embaixada de España na Arxentina e, que lle permitiu coñecer e relacionarse coa elite cultural do momento.

"O traballo, deume a oportunidade inesquecible de coñecer a intelectualidade da época desde Borges, Bioy Casares, Ernesto bato, García Márquez, pero tamén a Luis Seoane ou Eduardo Blanco Amor".

Non se esqueceu das persoas maiores coma el, pero que están nos hospitáis "o máis importante é dicirlles que non se rendan e facer fronte ás circunstancias".