CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Xosé Aguilar, escritor: "Ángela Molina sempre tratou de fuxir de papeis e produtos que non lle interesaban”

21/02/2021 - 11:04 h

No 'Galicia por diante fin de semana' repasamos a traxectoria de Ángela Molina, unha das actrices máis relevantes da cinematrografía española. Recibirá o Goya de Honra 2021 na próxima edición da festa da Academia, prevista para o día 6 de marzo.

Xosé Aguilar, escritor e periodista, gran coñecedor das traxectorias de actores e actrices do noso país,  contou que a coñeceu sendo moi novo e quedou impactado pola súa empatía e o seu magnetismo.

Cunha traxectoria de máis de cen películas, destaca un dos papeis máis importantes da súa carreira en 'Ese oscuro objeto de deseo', ás ordes de Luis Buñuel.

“Ángela traballa desde moi nova. Sempre tratou de fuxir de papeis e produtos que non lle interesaban, especialmente no cine que se facía na Transición”, conta o escritor.

En Galicia, traballou ás ordes de Pedro Carvajal, en películas como 'El baile de las ánimas' e 'Martes de Carnaval'. Destas películas di que "foron gañando co tempo, malia non ser tan ben entendidas polo público e a crítica no seu momento”.

Xosé Aguilar conta, ademais, que o mundo artístico do seu pai, Antonio Molina, influíron na personalidade da actriz desde moi pequena.