CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Alfonso Rueda dá por feito a desescalada gradual da hostalaría en boa parte de Galicia

21/02/2021 - 08:13 h

Nunha entrevista no 'Galicia por diante da fin de semana', o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, dá por feito que este luns o comité clinico aprobará un comezo prudente de desescalada nas restricións actualmente en vigor na hostalería. Esa desescalada comezará polos concellos con mellores datos.

Con todo, insistiu na necesidade de avanzar pouco a pouco para non ter que volver ás restricións.

Preguntado polos concellos onde se podería iniciar a desescalada, Alfonso Rueda remitiuse ao comité clínico deste luns. O equipo de expertos terá a última palabra á hora de decidir como se fará dentro das posibilidades que hai.

O vicepresidente da Xunta pronunciouse tamén sobre o segundo plan de rescate elaborado pola Xunta para a hostalería. No primeiro recibíronse máis de 33.000 solicitudes. Alfonso Rueda agarda que nesta segunda quenda mesmo se supere esa cifra dado que se agravaron as necesidades e que tamén se simplificaron os trámites.