CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Luís Villares culpa o "patriotismo de siglas" do fracaso dunha grande alianza electoral en Galicia

20/10/2019 - 08:24 h

O voceiro de En Marea Luís Villares di que non se presentan ás eleccións do 10 de novembro por responsabilidade. Nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega afirmou que, logo de fracasar os contactos con forzas como Máis País ou o BNG para formar unha grande alianza electoral, En Marea evitou concorrer para "non fraccionar o voto progresista".

En relación a este asunto, Villares lamentou que "outros preferiron primar o patriotismo de siglas sobre o proxecto de país ou sobre o proxecto progresista". Na súa opinión, era necesario "un acordo que supere as siglas, en clave confederal e respetando a axenda política galega".

Nesta entrevista o líder de En Marea referiuse tamén á situación en Cataluña. Para Villares, a sentenza do procés non soluciona o problema político nesta comunidade. Na súa opinión, "a pacificación social só pode chegar dándolle a palabra ao pobo de Cataluña".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí