CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

César González, astrofísico: "Nun futuro próximo, poderíase mandar unha sonda a Venus para saber se os indicios de vida son certeiros"

20/09/2020 - 10:26 h

Durante a pasada semana, o planeta Venus estivo no foco de atención, xa que podería albergar vida na atmosfera. O astrofísico e traballador do CSIC César González apunta que "a zona en que está Venus faría que lle fose máis doado, en principio, albergar vida que á Terra". Así e todo, polas características da súa atmosfera, "moi densa", di, descartábase, ata o de agora, a presenza de vida.

Nunha entrevista na Radio Galega, González afirmou, acerca dos posibles indicios de vida en Venus, que "para poder comprobar se estes resultados, anunciados nos últimos días, están relacionados ou non con vida microbiana é necesario mandar unha sonda espacial para recoller mostras".