CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Ana Baneira, activista ambiental: "Non é o meu lixo, pero si é o meu planeta"

20/09/2020 - 11:05 h

A estudante coruñesa Ana Baneira percorreu a costa galega desde A Guarda ata Viveiro, uns 1.500 quilómetros no mes de xullo. Durante a súa aventura, que durou 55 días, esta rapaza galega comezou a recoller o lixo que atopaba na costa e nas beirarrúas que atravesaba.

Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana, Baneira explicou que repetiría a aventura, pero con máis preparación para "chegar a máis xente". A estudante salientou que o contacto coa natureza e camiñar fana sentir "libre". Ademais, a ecoloxista relata que a sorprenderon "moito" as mostras de humanidade que foi atopando durante a súa travesía.

En relación á recolleita de residuos, Baneira relata que a inspirou Nacho Dean, o primeiro español en dar a volta ao mundo a pé e unir os cinco continentes nadando, co fin de lanzar unha mensaxe de concienciación medioambiental. Ana Baneira recolleu un total de case 70 quilos de lixo e as súas accións comezaron a ter o apoio de diferentes colectivos.