CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Inés Vázquez, a emprendedora galega que lles cambia a vida ás mulleres

19/11/2023 - 11:02 h

Desde o 2014, as Nacións Unidas estableceron que cada 19 de novembro se celebrase o Día Internacional da Muller Emprendedora. As taxas de emprendemento, sexa o país que sexa, están copadas por homes. Poñemos o foco no emprendemento feminino e nun eido tan masculinizado como a tecnoloxía. Inés Vázquez é cofundadora de Adalab, unha escola tecnolóxica en liña para mulleres. Inés foi sinalada polo Goberno de España como unha das mulleres referentes do emprendemento innovador no noso país.