CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Miranda pídelle ao Estado menos atrancos para os que queren retornar a Galicia

19/10/2019 - 08:20 h

A Xunta reclama maior axilidade do Estado para que os descendentes de galegos no exterior poidan ter máis doado o acceso ás citas para solicitar a nacionalidade española.

Así o dixo nunha entrevista no Galicia por diante da Radio Galega o secretario xeral de emigración Antonio Rodríguez Miranda, que recolle estes días as inquedanzas da comunidade galega en Cuba e, desde hoxe, no Brasil.

Miranda reclámalle ao Goberno central para eliminar estes atrancos que teñen os interesados en retornar a Galicia, lembrando que a Xunta proporciona bolsas e axudas ao emprendemento aos galegos que deciden volver.

O secretario xeral de Emigración reuniuse cos colectivos galegos na Habana e participou nas celebracións dos 500 anos da capital cubana. Na illa caribeña residen máis de 43.000 galegos.