CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Susana Rodríguez, campioa paralímpica de triatlón en Tokio: “Compito eu, pero o traballo é de todos”

19/09/2021 - 11:05 h

Semanas despóis da brillante participación nos xogos paralímpicos de Tokio 2020,  Susana Rodríguez Gacio, compartíu no Galicia Por Diante Fin Semana  o pouso que deixa  unha experiencia deportiva, logo de tantos anos de traballo e sacrificio. Asegurou que logo dunhas condicións complicadas, conseguíu chegar os xogos  en bó estado, e  agora está confiada cara o futuro. "Foi un chute de confianza.Estas cousas hai que gardalas na mochila, para toda a vida".

Susana, acaba de presentarse a outro tipo de competición: a convocatoria do Sergas  en Silleda. Confesou  que non lle deu moito tempo a  preparar o exame, pero que antes ou despóis chegará a oportunidade como facultativo especialista de área.