CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Santiago González Avión, director da asociación Diversidades: "Non hai igualdade de oportunidades se non hai igualdade de dereitos"

19/09/2021 - 10:25 h

Santiago González Avión é o director da asocicación Diversidades que traballa cos migrantes para axudalos a integrarse mediante clases de idioma, orientación laboral e mesmo a realizar trámites para montar un negocio ou abrir unha conta bancaria. Desde hai algo máis dun ano xestionan un centro de acollemento do concello de Tui. A día de hoxe están aloxados aló dúas familias afganas, unha siria e dous homes senegaleses.