CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

De viaxe a Nova York con Fernanda Tabarés

19/06/2021 - 10:27 h

Fernanda Tabarés, xornalista:

"Quería desfrutar da sensación de vivir como unha neoiorquina durante un mes."

A nosa convidada viaxou a Nova York no ano 94 porque a súa irmá vivía aló e quería aproveitar a oportunidade de ter unha guía tan boa para vivir a cidade da gran mazá doutra maneira.

"Hai un Nova York para cada un de nós. Non coñezo a ninguén que volva coa sensación de: "vaia porcallada!" ou "esperaba moito máis". Nova York sempre está á altura."

"Miña irmá traballaba nunha pizzería pequena, estaba de moda porque o propietario, Michele, era un italiano tolo que tiña moi mal carácter. Un día soa o teléfono, era un tal Leo que quería facer unha reserva. Miña irmá contestou que non facían reservas. Á noite presentouse... Leonardo di Caprio."