Galicia por Diante Fin de Semana
María Vázquez, Biznaga de Prata por 'Matria': "É unha emoción dobre porque é unha peli chea de amor e está funcionando"
A galega María Vázquez gañou a Biznaga de Prata a Mellor Actriz no Festival de Málaga polo seu papel en 'Matria'. Conversamos con ela na mañá seguinte á gala para que nos conte que significa todo isto para ela. "Creo que xa era hora de darlles visibilidade a todas esas mulleres, que se sintan representadas e valoradas", sostén. Sobre o seu futuro, non ten dúbidas: "O único no que penso agora é en descansar".