CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Talento galego contra a proxeria, a doenza que acelera o envellecemento

19/02/2023 - 09:32 h

A proxeria é unha enfermidade rara que fai envellecer de xeito prematuro os nenos. Ricardo Villa é investigador no CIMUS da USC e foi seleccionado pola Progeria Research Foundation dos Estados Unidos para levar a cabo un proxecto para mellorar a vida dos nenos con proxeria.

“Envellecemos porque nos oxidamos. Os nenos con proxeria non teñen antioxidantes, así que envellecen 7 ou 8 veces máis rápido ca unha persoa normal. Para eles, ter 8 anos é coma ter 80”, explica. “O noso xenoma ten 3.000 millóns de pezas. Un cambio nunha é suficiente para mudar todo un plan de vida”.