CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Antonio Reigosa cóntanos algo máis sobre as San Lucas de Mondoñedo

18/10/2020 - 10:24 h

Esta fin de semana celébranse as San Lucas de Mondoñedo. No Galicia por diante fin de semana,  falamos co cronista oficial da vila, o escritor Antonio Reigosa.

  • "As ganas de recuperar o anterior fixeron que os anos seguintes á gripe do 18 se celebraran as mellores San Lucas de todo o século".


Antonio Reigosa evocou as tradicións das San Lucas: a baixada dos cabalos do monte trotando fronte á Catedral de Mondoñedo, a gran cantidade de animais que se xuntan na feira, a ocasión para reencontrarse unha vez ó ano e comer carne o caldeiro e mesmo peixe fresco porque non queda lonxe o mar... Este ano houbo que adaptar o programa da festa ás circunstancias, pero todo volverá. O importante é coidarse para velo.

Reigosa falounos tamén do seu último libro Contrahistorias de Galicia, unha galería de personaxes que non ocupan a primeira liña da historia e que así e todo resultan ben interesantes.