CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Francisco Conde: "A Avogacía do Estado e a Asesoría Xurídica da Xunta traballamos xuntos na identificación dos pasos xurídicos para proceder á intervención de Alcoa"

18/10/2020 - 08:15 h

O vicepresidente segundo da Xunta asegura que o Goberno galego e o central estudan a intervención de Alcoa se a multinacional estadounidense non se avén a razóns e non frea os despedimentos e a parálise de cubas.

Nunha entrevista na Radio Galega, Francisco Conde dixo que agarda que o Tribuna Superior de Xustiza de Galicia adopte as medidas cautelares solicitadas polos traballadores porque entende que é fraudulento.

Conde asegura que tanto a Xunta como o Goberno traballan conxuntamente tanto no eido administrativo como no xudicial para buscar unha solución. No último caso, a vía da intervención está sobre a mesa.