CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Carmen Durán, directora xeral de Saúde Pública: "A semana que vén contamos con comezar a vacinación da terceira dose nas residencias en canto pechemos a poboación diana"

18/09/2021 - 08:18 h

A directora xeral de Saúde Pública avanza na Radio Galega que a semana que vén contan con empezar a administración da terceira dose aos maiores das residencias de maiores.

Carmen Durán  asegurou que este luns haberá unha xuntanza para fixar o número de persoas serán obxectivo dado que hai factores que puideron variar pero insiste que o compromiso é facelo canto antes.