CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Eric Rebiere, surfista: "A miña parella na auga e mais eu batemos o récord de velocidade, 78 quilómetros por hora"

18/04/2021 - 10:27 h

Eric Rebiere, surfista profesional, especializado en ondas xigantes, conversou con Isabel Freire sobre a súa experiencia e os eventos internacionais que organiza en Galicia: o Illa Pancha Challenge e Coruña Big Waves.

"As ondas en mar aberto, fronte ao Portiño na Coruña, poden superar os 15 metros de altura", salienta.

Eric considera que surfear estas ondas xigantes é un reto persoal que engancha e cada vez buscas ondas maiores. A velocidade que pode desenvolver un surfista nunha onda xigante é moi grande: "O ano pasado, en Nazaré, a miña parella na auga e mais eu batemos o récord de velocidade, 78 quilómetros por hora."

Un ingrediente fundamental dese grande espectáculo son as imaxes de vídeo e fotos que logo se colgarán nas redes. "Temos especialistas nestas gravacións, que antes eran surfistas de ondas xigantes e agora plántanse coa moto de auga diante da onda, poñendo as súas vidas en risco para obter o mellor vídeo", relata.

Estes surfistas son, en realidade, buscadores de tempestades porque é nesas condicións cando atopan as mellores ondas: "A gasolina do meu motor son as ondas grandes, xa estou soñando co próximo inverno".