Galicia por Diante Fin de Semana
A fundación Diego González Rivas levará a cirurxía minimamente invasiva a todo o mundo
O prestixioso cirurxián galego Diego González Rivas, que opera en todo o mundo cunha técnica pioneira e minimamente invasiva ('Uniportal Wats') a persoas con escasos recursos, presentará en breve a fundación que leva o seu nome. O labor da entidade estreouse coa complicadísima intervención dun tumor a Yahaira, que foi operada na Coruña e xa está a piques de recibir a alta hospitalaria para regresar ao seu Perú natal.