Galicia por Diante Fin de Semana
As reivindicacións no Día Internacional da Síndrome de Asperger: "Máis visibilidade, por favor"
Cada 18 de febreiro celébrase o Día Internacional da Síndrome de Asperger, un trastorno neurobiolóxico encadrado dentro do espectro autista (TEA). A Breixo Santa diagnosticáronllo cando era neno e vivía nos Estados Unidos. Como é medrar con TEA e ter que mudarse a un país completamente diferente?, que dificultades atopou no sistema educativo e laboral? Para facer máis doada a vida aos pacientes e ás familias, existen asociacións como Asperga, onde Sira Cerviño traballa como terapeuta ocupacional. Entre outras cuestións, Sira explicounos cal é o seu labor e cales son os tópicos máis frecuentes nos que caemos cando falamos de persoas con síndrome de Asperger.