CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Membros de Fuxan os Ventos choran a morte de Moncho Díaz: “Uníannos a música, o amor pola lingua, pero sobre todo a amizade”

18/02/2023 - 09:45 h

O pasamento do músico Moncho Díaz, membro histórico de Fuxan os Ventos, deixa un baleiro importante no resto do grupo.

“É a primeira persoa de Fuxan que xa non está. Uníannos a música, a lingua, pero sobre todo a amizade”, confesou Pedro Lucas, compañeiro de banda, amigo e veciño de Moncho. O músico era voz, guitarra e frauta de Fuxan os Ventos. “Tiña unha voz privilexiada, era un cantante cunha sensibilidade incrible”, gabou, emocionado.