CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

'De Viaxe' a Marrakech con Rogelio Groba Otero

17/10/2020 - 10:24 h

Viaxamos ao sur de Marrocos con Rogelio Groba Otero, músico coruñés, profesor do Conservatorio Superior de Música da cidade e fundador e director da Orquestra de Cámara Galega.


"Teñen unha filosofía que me encanta porque viven cara ao interior e iso reflíctese nas casas: no interior está a riqueza e no exterior, a humildade".

El garda un recordo marabilloso da cidade pola súa arquitectura, o seu trazado medieval, a praza de Jemáa el Fna, declarada pola Unesco Patrimonio Inmaterial da Humanidade, e os seus pratos con sabores tan intensos.