CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Santiago Leyes, presidente do Colexio de Farmacéuticos de Ourense

17/10/2020 - 08:22 h

Farmacias dos concellos de Ourense capital, Barbadás, O Carballiño, O Barco e Verín farán ao longo destes días a proba serolóxica para detectar o coronavirus. O test estará dispoñible para calquera cidadán: será de balde, mediante cita previa, e o resultado coñecerase en 10 minutos. Consiste nunha picada no dedo e logo o sangue ponse nunha tira reactiva. 

O presidente do Colexio de Farmacéuticos da provincia asegura que axudará a baixar a presión asistencial nos centros de saúde.