CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Eloína Núñez, xerente da área sanitaria de Santiago: "O luns faremos un cribado en todas as residencias de estudantes"

17/10/2020 - 08:09 h

A xerente da área sanitaria de Santiago, Eloína Núñez, baralla un cribado de toda a comunidade universitaria de Santiago unha vez rematen os tests nas residencias. Ata o momento, das 903 probas realizadas en residencias rexistráronse 14 positivos, dez deles no Colexio Maior Xelmírez.

Eloína Núñez anunciou tamén que seguirán cos cribados entre a hostelería situada no Ensanche da cidade e estudan un posible cribado en Ordes, despois de que nas últimas horas este concello coruñés se situara no nivel máis elevado de alarma polo número de casos a sete días.