CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Funeral do duque de Edimburgo

17/04/2021 - 11:04 h

Duarte Romero, xornalista  galego e redactor no 'Daily Telegraph', interviu no 'Galicia por diante fin de semana' para explicar como vive o Reino  Unido unha xornada histórica: a cerimonia e funeral de Filipe de Edimburgo, quen foi marido da Raíña Isabel ll ao longo de 73 anos.

"Filipe de Edimburgo, marcou a memoria de varias xeracións de británicos”, salienta.

Despois de relatar os detalles que marcan o protocolo, destacou que esta xornada é un  momento histórico en que a institución e a familia real queren dar unha imaxe de normalidade, dados os momentos difíciles e turbulentos polos que atravesa, especialmente tras a entrevista que o píncipe Henrique e Meghan Markle mantiveron con Oprah Winfrey.

“Todos os ollos están postos na relación entre  os irmáns Guillermo e Henrique, pero sen dúbida a foto máis impactante vai ser a da raíña  Isabel ll en soidade sentada no banco da capela de San Xorxe, sen ningunha burbulla familiar á súa beira. É un xesto de exemplaridade para animar a xente a que cumpra coas normas, mentres dure a pandemia”, relata Romero.