Galicia por Diante Fin de Semana
Abrimos unha nova páxina de 'Galicia paraíso' falando do río Mao, Montederramo e das orixes da Ribeira Sacra
Hoxe internámonos con Antón Rodicio no corazón histórico da Ribeira Sacra. Facemos un percorrido seguindo o curso do río Mao, que pasa ao carón do mosteiro de Montederramo. Fala Antón do mosteiro, da necrópole de San Víctor de Barxacova e de como naceu a Ribeira Sacra e como se converteu no que hoxe é e representa para a nosa cultura.