CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O submarino amarelo está de aniversario: 52 anos da estrea do 'Yellow Submarine'

17/01/2021 - 11:43 h

A banda sonora de 'Yellow Submarine' fai anos. Foi publicada un 17 de xaneiro de 1969, para formar parte dunha película de debuxos animados á que os Beatles -a piques de separarse- non lle fixeron moito caso.

Falamos con Francisco Castro, director da Editorial Galaxia de Vigo, que se autodefine como un freak dos Beatles. Recoñece que gasta moitos cartos na compra de material de todo tipo relacionado coa banda de Liverpool.

Curiosidade: Heinz Edelman, creador dos debuxos do submarino amarelo, foi tamén o creador de Curro, a mascota da EXPO de Sevilla en 1992.