Galicia por Diante Fin de Semana
Rueda sobre o pacto PSOE-Podemos: "Baséase nunha gran mentira. Empeza moi mal e ten pinta de acabar fatal"
Nunha entrevista na Radio Galega, o vicepresidente da Xunta advertiu que "cada vez temos menos marxe" para salvar a planta de Alcoa en San Cibrao: "Os prazos son moi curtos".
Alfonso Rueda asume que hai "un risco moi certo" de que a Xunta incumpra este ano o límite de déficit pola negativa do Goberno a transferirlle a totalidade dos 700 millóns que lle debe á comunidade.
O tamén líder do PP de Pontevedra di que "non renuncio a que moito voto que tivo Vox nas eleccións do domingo acaben sendo votantes do PP cando haxa eleccións autonómicas".