Galicia por Diante Fin de Semana
"O sentido común é a característica da intelixencia artificial que estamos máis lonxe de acadar"
A intelixencia artificial promete ser unha das grandes revolucións dos vindeiros anos. As súas posibilidades son infinitas, tanto para o bo como para o malo. En eidos como a medicina, a súa aplicación abre novas ventás de esperanza, mentres que no ámbito laboral incluso ameaza con substituírnos. Alejandro Pazos Sierra, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da Universidade da Coruña e unha das persoas que máis sabe de intelixencia artificial achéganos a súa visión.