CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegura que están a traballar nun protocolo de desescalada

15/11/2020 - 08:14 h

O conselleiro de Sanidade asegura no 'Galicia por diante' da fin de semana que se está freando o avance do coronavirus, pero pídelles aos cidadáns moita prudencia e que cumpran as restricións para non volver atrás.

Julio García Comesaña explicou que as limitacións se manterán durante todo este mes, pero un comité irá traballando xa nos detalles para ver como se vai levar a cabo a desescalada. Dependendo dos niveis epidemiolóxicos, poderá ser completa ou gradual.

O conselleiro explicou tamén que están valorando aumentar a frecuencia dos cribados entre os traballadores de residencias para detectar, canto antes, casos positivos. Foi grazas a eses cribados como se localizaron gromos como os dos centros de Mos, Salvaterra ou Vigo.

Comesaña anunciou tamén que, a partir da semana que vén, se empezarán a publicar os datos de afectación por concellos, unha demanda que viñan facendo moitos alcaldes dende hai tempo.