Galicia por Diante Fin de Semana
Javier Losada cuestiona a reclamación dos 700 millóns para Galicia
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, considera que o bloqueo político en Madrid non vai impedir que as infraestruturas previstas para Galicia avancen nos prazos programados.
Nunha entrevista na Radio Galega, Losada referiuse tamén á polémica polo bloqueo dos fondos do Goberno central para as autonomías. Dixo que cando gobernaba en funcións Mariano Rajoy ninguén cuestionou a paralización das entregas a conta. Por iso, di que non entende que agora o presidente da Xunta lle reclame por carta ao Executivo de Pedro Sánchez 700 millóns para Galicia.
Ademais, Losada prometeu un estatuto para as empresas electrointensivas, como Alcoa, en canto o Goberno deixe de estar en funcións. En canto a Endesa, cre que retomará a súa actividade nas Pontes, pero subliñou a necesidade de diversificar a actividade económica nesta zona.