CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

O presidente da asociación de transportistas de carbón pide medidas para a central das Pontes

14/09/2019 - 08:36 h

O presidente da Asociación de transportistas do Carbón de Galicia pídelles aos representantes públicos unha "maior toma de decisión" para acabar coa paralización da central das Pontes. Unha situación que dura xa cinco meses e que está a provocar graves prexuízos económicos a 150 camioneiros e, indirectamente, a outros sectores da comarca.

Ademais dos encerros que manteñen desde hai días, teñen previsto levar a cabo novas medidas de presión. A máis inmediata, unha protesta cos seus vehículos na Coruña, diante da Delegación do Goberno, o vindeiro luns.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí