CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Entrevista a Fernando Soto, director xeral de AEG, colectivo ao que pertence Alcoa

14/09/2019 - 08:24 h

O director xeral da Asociación de Empresarios de Gran Consumo de Enerxía (AEG), colectivo ao que pertence Alcoa, advertiu esta mañá nunha entrevista na Radio Galega do risco de deslocalización que viven estas industrias en España.

Fernando Soto recoñece que están a sufrir unha baixada da producción e a perder competitividade por mor do elevado prezo da enerxía, moito máis cara, di, ca en lugares como Alemaña ou Francia. Por iso, subliña a necesidade urxente dun estatuto electrointensivo, que levan tempo esperando e que se atrasa, na súa opinión, por mor da inestabilidade política.