Galicia por Diante Fin de Semana
O que hai detrás do novo videoclip das Tanxugueiras: unha explosión de cor con xoias fabricadas a partir de crebas
A nova canción das Tanxugueiras, 'Aire', chegou acompañada dun videoclip moi diferente visualmente. Afeitas ao negro e á escuridade, quixeron un cambio radical cunha explosión de cor. Detrás da peza audiovisual está a produtora Trece Amarillo, cun equipo do que forma parte Diego Santaclara. Con el iniciamos unha conversa que continuou con Marina Varela, estilista e directora de arte no videoclip. Esta muradá foi a encargada de buscar as cores e a roupa para as artistas. Tamén de escoller as xoias. Para iso contou, entre outras, con María de Dina (Louro), que elabora xoias a partir de crebas para a súa marca 'Lixo atelier'. Con uns e outros adentrámonos no 'making off' deste videoclip.
"O de que levaran as cores das Supernenas foi casualidade total. Non o buscabamos"