CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

José María Carrascal: "O Watergate foi o feito máis importante que cubrín"

14/05/2022 - 11:32 h

O emprego do software espía Pegasus lévanos a lembrar un dos grandes casos de espionaxe: o caso Watergate. Considerado o escándalo político máis importante dos Estados Unidos, sacou á luz unha trama de espionaxe que a Administración Nixon levou a cabo contra o Partido Demócrata durante a campaña electoral de 1972, e que resultaría na primeira e única renuncia dun presidente norteamericano, dous anos máis tarde.

Pola sintonía do Galicia por diante fin de semana pasou José María Carrascal, lenda viva do xornalismo apegada a Galicia, quen viviu os feitos en primeira persoa como correspondente nos Estados Unidos.